File:3207- En la Plaza Rosalia de Castro de Santiago de Compostela. (8746294239).jpg

From Wiktionary, the free dictionary
Jump to navigation Jump to search

Original file(3,756 × 3,210 pixels, file size: 4.03 MB, MIME type: image/jpeg)

Summary

Description Rosalía de Castro de Murguía, de solteira, Rosalía de Castro, nada en Santiago de Compostela o 24 de febreiro de 1837 e finada en Padrón o 15 de xullo de 1885, é unha das meirandes escritoras en lingua galega así como tamén unha das principais responsábeis do Rexurdimento galego decimonónico. O 17 de maio, Día das Letras Galegas celébrase co gallo de ser a data de edición da súa obra Cantares gallegos. Na actualidade, a figura de Rosalía de Castro e as súas creacións literarias continúan sendo obxecto dunha abondosa bibliografía e recibindo unha constante atención crítica, tanto no territorio español como no estranxeiro. Rosalía de Castro escribiu tanto en prosa coma en verso, empregando o galego e o castelán. A súa obra estivo profundamente marcada pola circunstancias que rodearon a súa vida: coma a súa orixe, os problemas económicos, a perda dos seus fillos e a súa fráxil saúde. En 1863 foi publicado en Vigo o seu primeiro grande libro, Cantares Gallegos, publicado polo seu marido, Manuel Murguía, quen xestionou, sen o permiso da súa muller, a saída do prelo dun poemario que fixa o comezo dunha nova xeira para a poesía galega e que, sen dúbida, é a base de todo o rexurdimento literario e non literario da literatura galega. Cantares gallegos constitúe o primeiro libro escrito en galego nunha época na que a lingua galega estaba extinta coma lingua escrita. Moitos poemas do seu libro son glosas de cantigas populares, nelas Rosalía denuncia a miseria, a pobreza e a emigración masiva a que estaban obrigados os galegos, sen deixar de verte-los seus sentimentos e vivencias persoais. En 1880 a escritora publicou unha escolma de poemas á que chamaría Follas Novas. Nun comezo o poemario concibiuse como unha continuación de Cantares gallegos: O 40% dos poemas de Follas novas teñen afinidade co texto publicado en 1863, mentres que o resto das composicións presentan un diferente espírito poético motivado polo afastamento da terra, as desgrazas familiares e as doenzas físicas e morais. Estamos, xa que logo, ante unha poética que afonda nos sentimentos, na saudade e que ten frecuentemente, por horizonte, a fronteira do propio ser. Rosalía botou os derradeiros anos da súa vida en Padrón, onde a familia alugara a casa da Matanza, que despois se convertería en casa-museo. A morte do seu fillo máis novo aos dous anos por mor dun accidente e a súa enfermidade amargáronlle os derradeiros anos. Morreu de cancro en 1885, aos corenta e oito anos na súa casa de Padrón -a cal é hoxe un museo-. Rosalía foi soterrada no camposanto da Adina. Anos máis tarde, en 1891, os seus restos foron trasladados ó actual Panteón de Galegos Ilustres, na igrexa de San Domingos de Bonaval, en Santiago de Compostela. A valoración da obra rosaliana e a mitificación da escritora producíronse tralo falecemento da mesma, posto que ao longo da súa vida esta foi permanentemente menosprezada e marxinada, ficando fóra de escritos tan relevantes como La literatura en 1881 de Leopoldo Alas e Armando Palacio Valdés. Foi necesario agardar até os modernistas e a xeración do 98 para que recoñecesen en Rosalía a unha creadora afín ao seu espírito. Os maiores promotores de Rosalía de Castro foron os escritores do 98, quen a deron a coñecer a través dos seus escritos en toda a xeografía española e na América hispanofalante, valéndose do seu gran recoñecemento social e da reedición de moitas das páxinas que escritas por eles e que versaban sobre a escritora. Principalmente, foron Azorín e Miguel de Unamuno os máis acérrimos valedores de Rosalía, quen lle dedicaron entre 1911 e 1912 un total de seis artigos que versaban sobre a escritora galega. O independente Juan Ramón Jiménez tamén se fixo eco da obra rosaliana, dedicándolle todo tipo de eloxios e considerándoa como a predecesora da revolución poética iniciada por Rubén Darío. Considerándoa unha poeta do litoral, do mesmo xeito que facía con Bécquer, Jiménez outórgalle o cualificativo de innovadora e precursora do modernismo español. Galipedia.
Date
Source 3207- En la Plaza Rosalia de Castro de Santiago de Compostela.
Author Jose Luis Cernadas Iglesias from Coruña, España
Camera location42° 52′ 29.62″ N, 8° 32′ 59.47″ W Kartographer map based on OpenStreetMap.View this and other nearby images on: OpenStreetMapinfo

Licensing

w:en:Creative Commons
attribution
This file is licensed under the Creative Commons Attribution 2.0 Generic license.
You are free:
  • to share – to copy, distribute and transmit the work
  • to remix – to adapt the work
Under the following conditions:
  • attribution – You must give appropriate credit, provide a link to the license, and indicate if changes were made. You may do so in any reasonable manner, but not in any way that suggests the licensor endorses you or your use.
This image was originally posted to Flickr by jl.cernadas at https://flickr.com/photos/38035878@N07/8746294239 (archive). It was reviewed on 29 August 2018 by FlickreviewR 2 and was confirmed to be licensed under the terms of the cc-by-2.0.

29 August 2018

Captions

Add a one-line explanation of what this file represents

Items portrayed in this file

depicts

4 September 2012

42°52'29.618"N, 8°32'59.467"W

0.008 second

8.3 millimetre

image/jpeg

80ca87a028a2387dcbe68388efba1c5a656bb363

4,225,906 byte

3,210 pixel

3,756 pixel

File history

Click on a date/time to view the file as it appeared at that time.

Date/TimeThumbnailDimensionsUserComment
current15:04, 29 August 2018Thumbnail for version as of 15:04, 29 August 20183,756 × 3,210 (4.03 MB)FroaringusTransferred from Flickr via #flickr2commons

The following 2 pages use this file:

Metadata