Description3334-Forno no Pazo do Allo en Zas (Coruña).jpg
Galego: É un dos pazos máis antigos de Galicia, e foi unha antiga propiedade do clan dos Riobó, no lugar onde se atopa foi erguida no seu día unha fortaleza destruída polos Reis Católicos.
Un camiño á dereita bordeado de vellos carballos, que sae da C-552, á altura do km 58, lévanos a este fermoso pazo (hoxe reconvertido en museo e punto de atención turística da Deputación de A Coruña), construído polo fidalgo Gómez de Rioboo Vilardefrancos para a primeira metade do século XVI. Os seus antepasados, igual que o apelido Rioboo, proceden da próxima parroquia do mesmo nome no Concello de Cabana, e tiñan como solar primitivo o Poste da Penela, en Silvarredonda (Cabana).
O edificio, de estilo renacentista, consta de dúas torres e un longo corpo central que as une.
Os motivos de maior interese arquitectónico sitúanse na parte alta das torres, ao redor das súas fiestras, que se adornan con elementos do gótico final. As fiestras máis próximas ao corpo central están enmarcadas por un arco conopial, complementando o conxunto os escudos e os balcóns.
Nos escudos represéntanse os símbolos das familias dos Rioboo (torre envolta en silvas), dos Caamaño (piñeiro e lanzas), Seixas (cinco pombas), Losada (dous lagartos baixo unha lousa), Figueroa (cinco follas de figueira)...
Unha cornixa percorre toda a parte alta do edificio, da que sobresaen varias gárgolas.
This image was originally posted to Flickr. Its license was verified as "cc-by-2.0" by the UploadWizard Extension at the time it was transferred to Commons. See the license information for further details.
to share – to copy, distribute and transmit the work
to remix – to adapt the work
Under the following conditions:
attribution – You must give appropriate credit, provide a link to the license, and indicate if changes were made. You may do so in any reasonable manner, but not in any way that suggests the licensor endorses you or your use.
https://creativecommons.org/licenses/by/2.0CC BY 2.0 Creative Commons Attribution 2.0 truetrue
Captions
Add a one-line explanation of what this file represents